Que engadimos ao composteiro?

« Anterior Siguiente » Que engadimos ao composteiro?



Temos que pensar que a finalidade do composteiro é dupla pois, por unha banda, evitamos que parte do lixo remate nun vertedoiro ou incinerada e, pola outra, imos conseguir un fertilizante de alta calidade. Por estas razóns é importante que os restos que botemos no composteiro sexan materia orgánica ben separada, é dicir, que non leve nin plásticos, nin papeis pintados, nin pilas eléctricas nin outras substancias que puideren contaminar o fertilizante que imos producir.
O compost será máis rico en nutrientes canto máis variados sexan os restos que botemos no composteiro.