« Anterior Siguiente » Onde colocamos o composteiro?
A situación do composteiro é unha das primeiras cuestións que temos que ter en conta, xa que a súa localización influirá no proceso de compostaxe, especialmente na temperatura e humidade.
A posición ideal é debaixo dunha árbore de folla caduca, para que as súas follas lle fagan sombra no verán e estea ao sol no inverno.
Antes do primeiro enchido do composteiro, preparamos un leito no fondo con materiais leñosos grosos para facilitar a circulación de aire: ramas, restos de podas, toxo,... ata unha altura de 15 centímetros. Esta capa permitirá a drenaxe, evitando que a materia orgánica se compacte contra o chan.