O cruceiro de Santaia


No cruceiro de Sta Eulalia de Gorgullos hai dúas "Aras Romanas sostendo a pedra do altar do cruceiro.

Segundo un estudo realizado para o concello polo arqueólogo J. José Alonso “estas aras foron aproveitadas no cruceiro e probablemente proceden do culto dos Deuses Manes nas encrucilladas dos camiños que protexían aos viaxeiros e que, como neste caso, teñen a súa continuación no levantamento do cruceiro, dentro da tradición cristiá de reconducilos cultos coa súa propia simboloxía”.

Os Deuses Manes eran deuses familiares e domésticos. A mitoloxía romana dinos que eran espíritos de antepasados que oficiaban de protectores do fogar.

As aras viñan a ser os pequenos altares de pedra que utilizaban os deuses, que adoitaban ter forma de pedestal ou columna, feitura que podemos apreciar claramente no Cruceiro de Santa Eulalia.