Castro de Bardaos


Dende o final da Idade de Bronce e ata a chegada dos romanos, Tordoia conserva multitude de vestixios dos seus primeiros poboadores a través dos castros, ao igual que a mayoría de pobos do noroeste peninsular que remataron conformando a Gallaecia romana. Estes castros catalogados encóntranse distribuidos por todo o municipio. Neste, ao atoparse como un territorio de paso para as conquistas, non foron trastocados polo home, ainda que o tempo si que lles causou bastante deterioro.

No Concello de Tordoia poden atoparse numerosos castros, como o de Leobalde ou o de Oleiros, e aínda que se atopan medio enterrados ou confundidos coa paisaxe, conservan a maxia. Pertencen á Idade de Ferro que se data a partir do primeiro milenio antes de cristo.

A pesar das alteracións producidas polo paso do tempo e o traballo da terra, o legado arqueolóxico do municipio ofreceu novas pezas obtidas tanto en excavacións coma en achados fortuítos durante a última década, encontrándose distribuido maioritariamente entre os museos galegos, ainda que se sospeita que se conserva alguna peza en museos do Reino Unido.

Existen en Galicia máis de douscentos lugares que levan o nome de Castro en diferentes variables, e como non, en Tordoia pode encontrarse unha aldea con esta denominación na parroquia de Gorgullos.